A nova sede de Avatar

0
130

O director James Cameron e mais a 20th Century Fox veñen de asinar un contrato polo que alugan permanentemente uns estudos e mais espazo para oficinas no MBS Media Campus (antigamente coñecido coma Manhattan Beach Studios) en Manhattan Beach, Los Angeles. Os 175.000 metros cadrados utilizarán-se para a rodaxe das dúas secuelas de Avatar e será na nova sede da empresa de Cameron, a Lightstorm Entertainment.