As Crónicas Marcianas

0
168

A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a clásica colección de contos de Ray Bradbury The Martian Chronicles (As Crónicas Marcianas).

Escritas a finais dos anos 40, a história estruturada en tres partes narra os esforzos dos humáns por se asentar en Marte, botando aos marciáns dos seus fogares, a loita dos marcianos para expulsar aos humáns, a colonización do planeta vermello e unha guerra nuclear que finalmente obriga aos humáns a regresar á Terra. Como consecuéncia da guerra, os humáns convérten-se nos novos marciáns.

A Paramount fíxo-se cos dereitos após de que lle foran ofrecidos pola Universal, que anteriormente tentara levar adiante o proxecto con Steven Spielberg e John Davis, quen o abandoaron. Davis ficará vencellado coma produtor, e ainda non hai un guionista contratado.