Verheiden entra na Torre

0
174

O produtor das séries de televisión Heroes e Battlestar Galactica, Mark Verheiden, ven de ser contratado para se encargar de sacar adiante a nova adaptación de alto orzamento da série de novelas fantásticas de Stephen King A Torre Escura na NBC e a Universal.

Tal e coma informáramos anteriormente, a saga de libros será convertida nunha triloxía de filmes para o cinema e en dúas tempadas de séries para a televisión. Akiva Goldsman está a escribir o guión da primeira longametraxe e co-escribirá o da série de televisión xunto a Verheiden, quen tamén será o produtor executivo.

Espéra-se que a primeira tempada da série serva para encher o óco entre a primeira e a segunda longametraxes no cinema, mentres que a segunda tempada será unha precuela.