Os dragóns de Pern no cinema

0
183

David Hayter (X-Men, Watchmen) ven de ser contratado para escribir o guión de Dragonlight, a adaptación ao cinema da primeira novela da série de libros de Anne McCaffrey Dragonriders of Pern.

Dragonriders of Pern (Os xinetes de dragóns de Pern) é una extensa série de novelas e contos de fantasía e ciéncia-ficción escritas principalmente por Anne McCaffrey. Dende 2004, o seu fillo Todd tamén publicou novelas de Pern, tanto en colaboración con Anne coma en solitário. Actualmente a série conta con 22 novelas e moitos contos, recollidos en dous volumes.

O primeiro libro da série foi publicado en 1968. A história céntra-se nun grupo de guerreiros de elite (os dragoneiros ou xinetes de dragóns) que voan polo ceo a lomos de dragóns xigantes, capaces de botar lume pola boca de se comunicaren telepáticamente cos seus xinetes, todo elo mentres tentan salvar o exótico planeta de Pern dunha terríbel ameaza aérea.

Steve Hoban, Benedict Carver, Don Murphy e Susan Montford serán os produtores. Hoban xa tentara facer-se cos dereitos da série en 1997 pero os seus anteriores intentos para adaptar a franquía ao cinema non tiveron éxito. Agora, se todo sae ben, poderemos ver o escomezo da rodaxe para primeiros do ano que ven.