Horizontes para Tom Cruise?

0
133

A Universal Pictures está a negociar para se facer cos dereitos do proxecto de filme de ciéncia-ficción de Joseph Kosinski Horizons (anteriormente coñecido coma Oblivion), que agora protagonizaría Tom Cruise.

William Monahan e Karl Gadjusek escribiron o primeiro guión, ambientado nun futuro apocalíptico onde a xente vive no ceo, dado que a superfície da Terra volveu-se inhabitábel. Neste escenário, un soldado é abandoado na terra e debe adicar-se a sobrevivir reparando robots cazadores de áliens. Xunto cunha fermosa muller protagonizará unha aventura épica, que coma o resto do argumento, está baseada nun cómic orixinal da editorial Radical Publishing.

O proxecto fora planeado anteriormente na Disney Pictures, quen o encargou ao director do recente éxito Tron: Legacy, pero finalmente decidiron non leva-lo adiante e Kosinski comezou a ofrece-lo a outros estudos. O mesmo director encargará-se da produción xunto a Barry Levine e Jeffrey Silver. A rodaxe debería escomezar xa no mes de outubro.