Reeves no remake de They Live

0
199

Recén rematado o seu traballo no remake de Let Me In, o realizador Matt Reeves (Cloverfield) podería encargar-se de facer unha nova versión doutro filme, nesta ocasión do clásico de 1988 orixinal de John Carpenter They Live, unha longametraxe de ciéncia-ficción de culto para os afeccionados.

Reeves escribirá o guión e dirixirá o filme, que é unha adaptación dun conto de Ray Nelson titulado Eight O’Clock in the Morning. A história vai sobre un home que se decata de súpeto de que os áliens están xa entre nós e que a xente non se decatou da súa preséncia.

O filme de Carpenter foi famoso polo seu uso dunhas gafas de sol, que permitían aos que as puxeran ver que seres humáns eran en realidade áliens, todo nunha sátira social do consumismo dos anos 80 e cunha loita man a man entre os actores Roddy Piper e Keith David que segundo din os lingoretas non estaba exactamente simulada.

Marc Abraham e Eric Newman producirán este remake, que será distribuido pola Universal Pictures.