Nunha nota de prensa feita pública hoxe, a Sony Pictures Entertainment ven de anunciar que chegaron a un acordo coa MGM para co-financiar e distribuir nas salas de cinema a 23ª longametraxe de James Bond en todo o mundo.
A Sony estreará o vindeiro filme desta clásica saga fantástica e de espías o 9 de novembro de 2012 en todo o mundo, agás nos países onde a Metro conta con dereitos de distribución. O acordo inclúe o mesmo pacto para cando se faga a seguinte entrega da saga, a que será a número 24.
Após deste acordo, seica escomezará unha etapa de colaboración entre os dous xigantes, que chegaron ao compromiso de explorar conxuntamente as posibilidades de producir os filmes que fagan respectivamente durante os vindeiros cinco anos.
A Sony xa producira Casino Royale e Quantum of Solace, as mais recentes películas de 007 protagonizadas por Daniel Craig, o que lle reportou enormes benefícios á franquía.