Un Hulk de pelo en peito

808

A moda dos actores sen pelo no peito está a morrer nos últimos anos grazas á negativa a pasar pola cera de Jake Gyllenhaal, Bradley Cooper, Robert Pattinson ou Ryan Reynolds, que decediron conservar o seu mato de pelo nas escenas nas que aparecen sen camiseta.

E ainda así, a moda resíste-se a desaparecer: así, este verán poderemos ver en Captain America: The First Avenger ao normalmente peludo Chris Evans co peito afeitado. Neste caso hai un motivo xusto, e é que os efectos visuais xerados por computador nos que aparece o persoaxe de Rogers antes da súa transformación no Capitán América custarían moito mais se teñen que reproducir pelo por pelo o axuste entre o persoaxe fraco e o musculoso.

Pero de entre os Vingadores xa hai unha persoa que seica escapará á navalla: Mark Ruffalo. O actor que interpretará ao incríbel Hulk revelou nunha recente entrevista que “ninguén me pediu que me afeita-se o peito, grazas a deus. Querían que este Hulk se asemella-se a min o mais posíbel. Interpretarei ao persoaxe en motion-capture, así que este Hulk será unha versión en grande de min mesmo. E mentres o modelan, usarán moitas das miñas características, pero sen as miñas cicatrices e enrugas. Terá pelo no corpo, pero non sei até que grao“.

Os outros dous heroes xa confirmados para os Vingadores, Chris Hemsworth (Thor) e Robert Downey Jr. (Iron Man) teñen xa naturalmente pouco pelo no peito, así que non deberán preocupar-se de pasar pola tortura da cera.