Reino Máxico á vista

0
188

A capa do libroO produtor Bob Ducsay (A Mómia, Van Helsing) ven de desvelar que está a traballar arreo nunha longametraxe baseada na novela fantástica de Terry Brooks Magic Kingdom for Sale — SOLD! para a Universal.

Diría que non hai ren que teñamos en desenvolvemento arestora que sexa máis inetresante que Magic Kingdom“, dixo o pasado día 15 nunha entrevista celebrada en Beverly Hills, onde estaba a promocionar A Mómia 3. “É un filme fantástico, material fantástico. Coidamos que de feito temos tamén un guión moi forte. E estamos a traballar arreo apra facer o filme. Quero dicir que é moi complicado facer calquera película“.

Stephen Sommers, o director que fixo as dúas primeiras entregas de A Mómia e traballou como produtor na terceira, é polo de agora o nome que soa para realizar e coproducir Magic Kingdom.

O libro vai sobre Ben Holiday, un avogado viúvo que un día mira un anúncio no que se pón á venda un reino máxico. Holiday mércao, pero atopa que está en ruinas e aí escomeza a súa aventura.

O principal problema de Magic Kingdom será o seu orzamento, ya que requerirá unha chea de traballo dixital, segundo confesou Ducsay.