Faora aparecerá en Superman

0
208

Faora semella ser a seguinte incorporación ao elenco de superviláns que se enfrontarán ao Home de Aceiro no vindeiro relanzamento de Superman na Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures.

Nos cómics, Faora era unha asasina en série en Krypton, enfocada en matar só a homes e condeada á Zona Pantasma a pasar 300 anos, cando o planeta foi destruído. Ademais é unha experta en artes marciais, o que a converte nunha temíbel inimiga para Superman no combate corpo a corpo.

O persoaxe é moi coñecido para os fans dos cómics, pero nos filmes non apareceu até agora. En Superman II o papel de Ursa, a man dereita do xeneral Zod, foi interpretado por Sarah Douglas, e ainda que estaba directamente inspirado en Faora, non era o mesmo. Na série de televisión Smallville, aparece coma a muller de Zod.

Ainda non se sabe que encarnación do persoaxe veremos na pantalla, pero dada a recente contratación de Michael Shannon para facer o papel de xeneral Zod, é moi posíbel que vexamos a unha Faora mais semellante á Ursa de Superman II que á malvada asasina en série dos cómics.