En marcha a secuela de Real Steel

0
171

A DreamWorks Pictures xa escomezou a traballar na secuela do filme de ciéncia-ficción de Shawn Levy Real Steel, que protagoniza Hugh Jackman e que ainda está por estrear-se o 7 de outubro. John Gatins, que xa escribira o guión da primeira parte, encargará-se novamente da secuela. O filme, que vai sobre robots boxeadores controlados por humáns, semella xa unha aposta segura para a DreamWorks, que recebiu moi boas críticas nos pases prévios.