A pasaxe dos Vampiros

0
216

Matt Reeves, responsábel de filmes coma Cloverfield e Let Me In, será o encargado de dirixir The Passage para a Fox 2000.

A história, baseada na novela homónima e supervendas do escritor Justin Cronin, vai sobre un grupo de enfermos terminais de cancro que de súpeto sanan ao seren sometidos a un experimento no que se incorporan trabadas de morcegos procedentes de Suramérica. O governo dedide experimentar mais a fondo e acaba por crear unha lexión de vampiros telépatas case indestructíbeis, que comezan a infectar á xente. Segundo din, o tón do filme será moi semellante ao de 28 Days Later.

Reeves deberá supervisar un  guión que adapta a novela ao cinema, e que xa foi escrito por John Logan, quen está tamén a se ocupar do guión do vindeiro filme de James Bond. A Scott Free, a empresa de Ridley e Tony Scott, será a encargada da produción.

Este é polo de agora o último proxecto no que vemos o nome de Reeves, quen xa apareceu vencellado a unha manchea de proxectos e asinou recentemente o contrato para escribir unha nova adaptación ao cinema do conto de Ray Nelson 8 O’Clock in the Morning (no que xa se baseou o clásico filme de John Carpenter They Live). The Passage, nombergantes, terá preferéncia xa que as outras iniciativas semellan ainda estar moi lonxe do seu comezo.