O ataque dos gnomos

0
207

Robert Zemeckis e a súa compañía Imagemovers veñen de seren vencellados á adaptación ao cinema do libro de Chuck Sambuchino How to Survive a Garden Gnome Attack, que conta con moitas posibilidades de ser levado á pantalla grande pola Sony Pictures Animation.

O libro descríbe-se coma “unha guía de supervivéncia que te axudará a previr, preparar-te e poñer-te en garda ante a inminente invasión da túa casa polos gnomos de xardín comúns. Antigamente considerados coma inofensivas decoracións caseiras, as probas demostran que estas sorrintes figuriñas da herba están envelenadas e dispostas a sementar o caos“.

Ainda non hai guionista para este proxecto, do que todo o que sabemos é que se dispón a obter unha clasificación “R” (para maiores de 18 anos). O anúncio chega case un mes despois de que o último filme de Zemeckis, Mars Needs Moms, fracasa-se estrepitosamente nos despachos de billetes.