Theroux escribirá Iron Man 2

0
185

Justin TherouxJustin Theroux escribirá o guión da secuela de Iron Man, e a Marvel está preto de pechar un acordo co director da primeira parte, Jon Favreau, para que regrese á segunda entrega. Igualmente acontece co seu protagonista, Robert Downey Jr. Agárda-se que a secuela chegue ás pantallas dos cinemas en abril de 2010.

Theroux, actor e guionista coñecido sobre todo polos seus papeis en Os Anxos de Charlie 2 e a série de TVE2 Dous metros baixo terra, é tamén o guionista da comédia da DreamWorks Tropic Thunder.

Os Estudos Marvel non confirmaron ningunha destas novidades sobre o proxecto, agardando a que estean totalmente pechadas e asinadas. Un voceiro da compañía dixo que a Marvel non comenta rumores.