Spiliotopoulos reescribe o guión de Ouija

0
199

O guionista Evan Spiliotopoulos (The Lion King 1 1/2, Wanted 2) ven de recebir o encargo de escribir novamente o libreto do filme dirixido por McG e que adaptará ao cinema o popular xogo de taboeiro Ouija na Platinum Dunes.

Os guionistas de Tron: Legacy Adam Horowitz e Edward Kitsis escribiran o argumento orixinal, pero nestes intres están ocupados traballando na série Once Upon a Time na ABC e non poden encargar-se de adaptar o guión ás novas esixéncias.

O filme será unha aventura familiar co mesmo tón de A Múmia e contará coa produción de Brian Goldner, Bennett Schneir, Michael Bay, Andrew Form e Bradley Fuller. A súa estrea está prevista para o 9 de novembro de 2012.