Os guionistas de Tron adaptarán Rex Mundi

0
175

Os guionistas de Tron Legacy Brian Klugman e Lee Sternthal serán os encargados de escribiro o libreto para a adaptación ao cinema do cómic de Arvid Nelson e Eric Johnson Rex Mundi para a Warner Bros. Pictures.

Ambientado nunha Europa alternativa en 1933, un patólogo investiga a misteriosa morte do sacerdote que o atopou cando era un orfo, unha pista que finalmente o conducirá até o Graal.

Nesta história alternativa, a Reforma Protestante foi totalmente destruída pola igrexa católica, o que sinifica que as estrituras de poder da idade média ainda están vixentes e intactas. Ademais, neste universo, a máxia é real.

Jim Uhls escribiu un guión anteriormente para este proxecto, que conta coa produción de Johnny Depp, Christi Dembrowski, Mike Richardson e Alan e Peter Riche.