Negra é a cór

0
166

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para o cinema dunha triloxía de novelas de ciéncia-ficción para adolescentes da escritora de 24 anos Alexandra Bracken.

Ambientada nunha era na que un misterioso virus matou a case todos os nenos americanos, os poucos que sobreviviron desenvolveron poderes psíquicos. Un deles é unha rapaza de 16 anos chamada Ruby, que viviu nun acampamento de “rehabilitación” dirixido polo governo durante os últimos seis anos.

O primeiro libro da triloxía, Black is the Color, céntra-se en Ruby cando se une a un pequeno grupo  de fuxidos que teñen unha misión secreta de seu. As organizacións anarquistas perseguen a Ruby polos seus própios propósitos, mentres que un líder chamado “The Slip Kid” que ofrece axuda á xente nova en perigo resulta non ser todo o que semellaba.

O proxecto contará coa produción de Shawn Levy.