Swank vs. Williams, guerra de bruxas en Oz

876

Está en marcha unha rifa polo cásting da vindeira película da Disney Pictures Oz: The Great and Powerful, a precuela de O Meigo de Oz que dirixirá Sam Raimi.

Seica Raimi quere contar con Hilary Swank para o papel da Malvada Bruxa do Leste, mentres que os estudos queren á menos coñecida pero moito menos conflitiva Michelle Williams para o papel, e ningún dos dous bandos está disposto a ceder nesta pretensión nin ten ningún interese na elección do outro.

Polo de agora, James Franco xa está pechado para protagonizar o filme no papel do Meigo, mentres que Mila Kunis será a Bruxa Malvada do Oeste. John C. Reilly estaba en conversas para un papel secundário, pero finalmente decediu-se por outra produción.

Raimi xa mantivera unha rifa moi semellante hai anos coa Sony Pictures para o papel de Peter Parker na triloxía de Spiderman: Raimi quería a Tobey Maguire, mentres que a Sony quería a Wes Bentley. E todos sabemos quen foi o que gañou e os resultados que obtivo. O que está por ver é quen será o gañador desta volta.