Joseph Kosinski dirixirá Archangel

0
174

O realizador de Tron: Legacy, Joseph Kosinski, ven de recibir da New Regency o encargo de se sentar na cadeira de director do thriller con extra-terrestres Archangel, para o que contará cun guión escrito polo prometedor Adam Cozad.

A história, da que ainda non se sabe moito, céntra-se nunha unidade secreta do exército responsábel de perseguir e cazar aos áliens que se agochan entre nós. A Scott Free, a compañía de Ridley e Tony Scott, será a encargada da produción.

Cozad non ten moitos créditos ainda, pero escribiu o guión para o thriller The Gray Man, incluido o ano pasado na lista de millores filmes nunca rodados (a chamada Black List) e é o autor do libreto para o vindeiro relanzamento da franquía de Jack Ryan na Paramount. Para este filme deberá reescribir un guión de Andrew Will.