Jack Osbourne fará un Black Sabbath

0
167

Jack Osbourne fará, segundo apuntan todos os rumores, o seu debut coma director de cinema no filme de terror Black Sabbath, que mália o seu título non é unha biografía do grupo de heavy metal que liderou nos anos 70 o seu pai Ozzy Osbourne. O coprodutor Marc Weingarten cinfirmou de todos os xeitos que “haberá música de Black Sabbath na película“.

Polo de agora non se deron a coñecer moitos deralles sobre o argumentom, agás que será un filme de terror. Nombergantes, seica este é o mesmo proxecto que o produtor Mike Fleiss (Hostel) e mais o guitarrista Tony Iommi tentaron levar adiante hai un par de anos.

A rodaxe escomezará a finais de ano. O xoven Osbourne (que conta con 25 anos) tan só dirixira até agora un documental sobre un concerto que dera o seu pai, titulado God Bless Ozzy Osbourne, e é coñecido na televisión inglesa por ser un famoso adicado a aparecer en diferentes reality shows.