Remake de Cyborg polo própio director

0
180

Albert Pyun, o director de Cyborg, a longametraxe de ciéncia-ficción protagonizada en 1989 polo actor belga Jean Claude Van Damme, está a planear un remake sobre a súa própia obra.

Seica Pyun está no médio dun “proceso de adquisición” coa MGM e xa recebiu o apoio financeiro para sacar adiante o proxecto. Ainda deben rematar o guión, pero o plan é continuar e facer un filme que non conterá moitos efectos espaciais ou imaxes xeradas por computador.

No filme orixinal Van Damme interpretaba a un loitador da rúa convertido en mercenário que debe axudar a unha científica convertida en ciborg a través dunha América destruída polas plagas nun futuro post-apocalíptico. A científica posúe unha información vital para crear unha cura contra as enfermidades, pero un grupo de sicários chamados Os Piratas intentará gardar esa información para eles.

Grande parte do reparto da primeira longametraxe está xa disposta a regresar. Ademais espéra-se facer unha nova versión (o “corte do director”) pero debido á baixa calidade do filme orixinal non se espera que poida aparecer en Blu-Ray.