Schwarzenegger nun quinto Terminator?

0
187

Arnold Schwarzenegger e mais os seus representantes artísticos da axéncia CAA están a negociar a compra dun paquete aos estudos Universal, Sony, Lionsgate e CBS Films no que se inclúen os dereitos para producir unha nova secuela da franquía de Terminator.

O director de Fast Five Justin Lin sería o realizador deste proxecto, que producirá Robert Cort, se ben ainda non hai nin guión nin guionista e non se falou de que posíbel liña argumental poderá seguir a história.

A Pacificor, unha compañía adicada a se facer con diversos fondos financeiros para renegociar a súa venda con benefícios, fíxo-se cos dereitos da popular franquía o ano pasado por 29 millóns de dólares, polo que probábelmente quererán entrar neste negócio, esixindo un considerábel anaco do pastel. En todo caso deberán dar-se présa, porque en 2018 os dereitos revertirán automáticamente ao creador da franquía, o director James Cameron.

No caso de saír adiante esta ideia, o filme non terá ningunha preferéncia sobre os outros proxectos cos que o ex-governador de Califórnia xa se comprometeu, o filme de acción The Last Stand e o drama sobre prisións The Tomb.