A 20th Century Fox está a desenvolver unha nova versión do clásico heroe hispano El-Zorro moi distinta das que até agora estabamos axeitados a ver, e sacará ao heroe enmascarado da Califórnia colonial para introduci-lo nun mundo post-apocalíptico ao mais puro estilo “Mad Max”.
Titulado Zorro Reborn, esta nova versión do persoaxe esquecerá as tradicionais características de xusticieiro e no seu canto poderemos ver a un heroe dominado polas ganas de vinganza.
Polo de agora non se deron a coñecer mais detalles de en que lugar do mundo están ambientadas as novas aventuras pero polo que se comenta, o filme será unha mistura entre o recente No Country for Old Men e os clásicos westers de Sergio Leone.
O especialista en previsualización Rpin Suwannath fará o seu debut coma director neste proxecto, mentres que Lee Shipman e Brian McGreevy escribirán o guión. O dúo de escritores tamén está encargado doutro proxecto fantástico, neste caso a nova versión de Drácula titulada Harker que está en preparación na Warner Bros. Pictures.