Superman xa non é americano

738

Após de se pasar unha viaxe andando (e non sobrevoando) polos Estados Unidos na recente série Grounded, seica Superman tomará unha dura decisión no que respeita á súa identidade persoal… e nacional. No número 900 da revista Action Comics, o Home de Aceiro anunciará que abandoa a súa nacionalidade americana.

[OLLO: SPOILERS MAIS ADIANTE!]

Ainda que literalmente é un inmigrante álien, Superman é dende sempre un símbolo patriótico da “verdade, a xustiza e o modo de vida americano”. O que quere dicir esta última parte da famosa frase é algo complicado de saber, pero tanto nos cómics coma na vida real Superman foi sempre consdierado coma pouco menos ca un embaixador da cultura americana, e por extensión da política dos Estados Unidos.

A escena decisiva terá lugar no relato The Incident, dentro do número 900 de Action Comics, que conta cun guión de David S. Goyer e debuxos de Miguel Sepulveda. Nel, Superman consulta coa conselleira de seguridade do Presidente, que está alporizada porque Superman ven de aparecer no médio dunha protesta pacífica en Teherán contra o governo iraniano (unha analoxía cos recentes sucesos no Médio Leste), pero dado que o Home de Aceiro é considerado por todos coma un símbolo americano, o réxime de Irán culpa aos Estados Unidos de enviar ao seu embaixador para desestabilizar o país e condeira os feitos coma un acto de guerra.

Superman replica que as súas accións foron a nivel persoal, pero dado que non pode separar a súa cidadanía da súa persoa, ten que renunciar á nacionalidade americana perante as Nacións Unidas, polo que pasará a ser un heroe do mundo, e non só americano.

Esta non é a primeira vez que un heroe americano renúncia á súa cidadanía (o caso do Capitán América reconvertido en Nomad tivo moita sona), este podería ser un punto de non retorno para Superman e para os argumentos que dende agora nos agardan nos cómics: “Verdade, Xustiza e Modo de Vida americano xa non abonda“, di Superman á conselleira de seguridade.

O que por suposto non sinifica que o noso heroe abandoe eses valores, senón que os implementará a unha escala maior, fóra das complexidades do nacionalismo. O mundo para el é xa demasiado pequeno e demasiado interconectado como para ser só parte dunha parte del.