A Sony á procura de karma ao instante

0
219

A Sony Pictures Animation ven de se facer cos dereitos sobre a nova comédia fantástica do guionista de Sky High, Paul Hernandez, titulada Instant Kiarma.

Hernandez dirixiría este híbrido de acción real e imaxes xeradas por computador que vai sobre un torpe ladrón de caixas fortes de New Orleans que se reencarna nunha mosca.

Comoa sabe que facer boas obras incrementará o seu karma e poderá reencarnar-se outra vez en persoa, así que irá subindo na cadea alimentícia pouco a pouco, pasando a ser unha rá, un mapache e un can antes de volver ser unha persoa e poder achegar-se á muller que ama.

O proxecto xa pasara anteriormente por moitas outras variacións polas mans da Universal, e Dreamworks e mais a New Line, de quen a Sony mercou os dereitos finalmente. Dwayne Johnson, Pierce Brosnan e Gene Wilder estiveron vencellados a este proxecto nas súas anteriroes versións para lle emprestar a súa voz ao protagonista.

Ted Elliot e Terry Rossio serán os produtores.