Hércules convérte-se en mercenário

0
202

Brett Ratner ven de escomezar a negociar a súa entrada coma director nun filme que adaptará o cómic da editorial Radical Publishing titulado Hercules: The Thracian Wars para a MGM e mais a Spyglass Entertainment.

O argumento do cómic vai sobre o mítico semideus Hércules, anos despois de que levase a cabo as súas doce tarefas e volvese as costas aos deuses. Agora el e mais seis amigos convertéron-se en mercenários que están ao servizo do rei de Trácia para adestrar aos seus homes e converte-los nos soldados mais despiadados posíbel.

Ryan Condal escribiu o guión, baseado no traballo orixinal de Steve Moore no comic. O filme estivera anteriormente nas mans da Universal con Peter Berg vencellado á dirección, mentres que o nome de Ratner barallába-se para un proxecto diferente (e a gora xa defunto) tamén sobre Hércules e que contaba con Avi Lerner coma productor o pasado verán.