Zemeckis listo para dirixir Replay

0
182

Robert Zemeckis (Back to the Future, Who Framed Roger Rabbit) está a manter conversas moi sérias para se encargar da dirección do thriller sobre viaxes no tempo Replay na Warner Bros. Pictures.

Baseado nunha novela supervendas so ano 1987 do escritor Ken Grimwood, a história vai sobre un xornalista da rádio que ten un corenta e tantos anos e que un día morre por mor dun ataque ao corazón en 1988, pero esperta en 1963 no corpo dun rapaz de 18 anos e con todas as súas lembranzas intactas. Axiña decáta-se de que está a vivir a súa vida unha vez mais, pero esta vez terá a oportunidade de elixir outras cousas, outras mulleres, outros fillos, outro traballo, e ainda que non pdoe evitar a súa própia morte, tentará evitar a da súa filla.

Jason Smilovic adaptou o guión a partir da novela orixinal e agora agárda-se que Zemeckis elixa este filme coma o seu vindeiro proxecto no canto de escoller Flight, que protagonizará Denzel Washington para a Paramount Pictures.