A Pixar dí-lle non aos heroes da Marvel

0
201

Dende que a Disney mercou a Pixar e despois á Marvel, os fans dos cómics levan moito tempo preguntándo-se se sería posíbel que as dúas compañías colaboren baixo a mesma dirección e podamos ver un filme da Pixar cos persoaxes da Marvel Comics.

O ano pasado o xefe da Disney Bob Iger dera un pouco de esperanza aos fans cando dixo que “falamos dunha colaboración Marvel/Pixar internamente, o xefe da Pixar John Lasseter falou cos rapaces da Marvel sobre isto e todos están moi emocionados. Coidamos que hai definitivamente algún proxecto emocionante que pode xurdir de aí“.

Pero agora, o mesmo Lasseter ven de desbotar esa posibilidade nunha recente entrevista na IGN. Cando lle preguntaron se había algunha posibildiade de colaboración, o responsábel da Pixar dixo que “non, non na Pixar. Xa temos aos Incríbeos, así que xa fixemos aquí superheroes por nós mesmos“.

Ademais, engadiu que a razón principal é que eles prefiren que as ideias para as súas películas procedan dos mesmos realizadores, algo co que a Disney está de acordo: “coa Pixar é coma ‘seguide facendo o que estades a facer, rapaces’ É un estudo dirixido por realizadores. Todas as ideias veñen dos mesmos realizadores. Traballamos con eles para obter as nosas ideias“.