Twilight Eyes sairá na TV

0
175

O popular escritor de novelas de terror e ciéncia-ficción Dean Koontz semella estar de moda ultimamente en Hollywood. Após da confirmación da adaptación á pantalla grande da súa novela Odd Thomas, actualmente en produción, agora chegan ovas da posibilidade de que outra das súas obras teña unha versión, esta vez para a televisión por cable.

A Starz network (responsábel da série Camelot) ten intencións de producir unha série limitada que adaptaría á televisión a novela de 1985 de Koontz Twilight Eyes.

A história vai sobre un home chamado Slim MacKenzie, que usa os seus pdoeres psíquicos para cazar Goblins, uns monstros que teñen a habilidade de mimetizaren-se en seres humáns.

O guionista Stephen Tolkin, que xa adaptou as novelas de Koontz Intensity e Mr. Murder en senllos telefilmes dos anos 90, uniu-se ao antigo axente de Koontz Rob Lee neste proxecto.

O obxectivo é facer unha minisérie, duns 6 ou 8 episódios, e emiti-la na televisión de pago, para así poder manter intactos o sexo e a violéncia da novela orixinal. O único cámbio previsto é que no canto de ambientar os feitos nos anos 70, mudarán-se os escenários até a actualidade.

Koontz será o produtor executivo xunto a Lee e Tolkin.