A Universal quere a Chris Hemsworth

0
185

A Universal está a perseguir ao protagonista de Thor, o actor Chris Hemsworth, para que protagonice o seu filme Snow White and the Huntsman.

O guionista Evan Daugherty, o director Rupert Sanders e mais o produtor Joe Roth están vencellados a esta versión do clásico conto de fadas, que extende o papel do cazador a quen a malvada raíña lle ordea levar á súa fillastra ao bosque e alí mata-la. O cazador decide deixa-la vivir e converter-se no seu mestre de loita e supervivéncia.

Os estudos están tentando atopar a un actor de renome que se queira encargar do papel, e entre os candidatos que non aceitaron están Viggo Mortensen (52 anos), Hugh Jackman (42 anos), Joel Edgerton (37) e Tom Hardy (33). Seica están a procurar a alguén cada vez mais novo, porque Hemsworth, de 27 anos, sería perfecto para aportar tensión romántica, pero non coma vello mestre.

Polo de agora, Hemsworth ten a tarefa de rematar o seu papel de Thor no filme The Avengers, polo que podería haber un conflito de calendários que impediría á Universal ter a película disposta para o nadal de 2012 coma é a súa pretensión.