Roubo na mansión dos Vingadores

0
179

Continúa a controvérsia ao redor da produción do filme dos Vingadores após de que a semana pasada se soubera que a cópia persoal do guión de Samuel L. Jackson (que interpreta a Nick Fúria) fora roubada e se fixera pública, poñéndo-se mesmo á venda en vários sítios Web da Internet.

Por mor desta filtración, os produtores decidiron reescribir algunhas páxinas do guión, mesmo escenas que xa estaban rodadas. A mais salientábel delas é unha na que Bruce Banner convérte-se en Hulk mentres Iron Man e mais o Capitán América están atrapados no interior dunha caldeira xigante. A devandita escena foi eliminada.

A rodaxe escomezara hai uns días en Albuquerque, New Mexico, pero o roubo do guión produciu-se en Burbank (Califórnia) a pasada semana, cando o actor estivera na cidade.

Debido á reescritura do guión, mesmo rumoreou-se que a produtora decidira paralizar a rodaxe, pero a Disney desmentiu esta nova completamente, quitando ferro ao roubo do guión e poñendo algúns exemplos doutros casos nos que unha filtración do guión ou mesmo da película enteira non causaron danos á súa exhibición nos cinemas.