CF nos Emmys

0
294

Tin ManUn ano máis xa temos a listaxe dos nominados para os prémios Emmy, os Oscar da televisión, e precisamente dúas séries de fantasía e ciéncia-ficción figuran entre as grandes favoritas. A minisérie Tin Man, baseada no libro O meigo de Oz, recebiu nove candidaturas, incluindo unha á millor minisérie, mentres que Battlestar Galactica recebiu outras seis nominacións, entre as que se atopa á millor série dramática.

O anúncio das candidaturas para a 60ª gala dos Emmys realizou-se o pasado día 17 en Los Angeles.

A nominación á millor minisérie completou-se con máis ciéncia-ficción, xa que The Andromeda Strain (A Ameaza de Andrómeda). Á parte, a série Perdidos tamén levou unha nominación ao millor drama e ún dos seus protagonistas, Michael Emerson, é candidato a millor actor.

Os outros programas fantásticos e de ciéncia-ficción tiveron que se conformar con ficar fóra das grandes nominacións. Tan só Lee Pace, da série Pushing Daisies, levou unha nominación a millor actor de comédia e a súa coprotagonista Kristin Chenoweth, a millor actriz secundária de comédia.

Ademáis das xa mencionadas, Tin Man recebiu outras oito candidaturas, pero xa en categorías técnicas, mentres que Battlestar Galactica levou outras cinco no mesmo tipo de categorías. Pola súa banda, Stargate Atlantis, que comezou a súa quinta tempada a semana pasada, levou unha nominación aos millores efectos especiais.

Os gañadores dos prémios serán dados a coñecer nunha cerimónia que terá lugar no decurso dunha gala a celebrar o vindeiro 21 de setembro.