Saoirse Ronan (Atonement, Hanna) será a protagonista de The Host, a adaptación ao cinema da novela supervendas da mesma autora da saga de Twilight, a escritora Stephenie Meyer.
A novela de Meyer é unha nova história de amor para adolescentes, pero esta vez ambientada nun futuro próximo na Terra, que ven de ser asimilada por unha raza alieníxena de parásitos benévolos que se fan chamar “as almas”.
Unha de tales almas, o Vagamundo, fusióna-se cunha humana que está a morrer, chamada Melanie Stryder, nun intento de localizar o derradeiro grupo de humáns non asimilados da Terra. Agárda-se que Ronan faga o papel de Melanie e do Vagamundo.
Andrew Niccol (Gattaca) é o autor da adaptación do guión, pero o seu papel coma director non está moi claro. Nick Wechsler, Steve e Paula Mae Schwartz serán os produtores.