Rachel Weisz, a Bruxa do Leste

0
189

A actriz inglesa Rachel Weisz (A Múmia, Agora) está a negociar a súa incorporación ao reparto do próximo filme de Sam Raimi, Oz: The Great and Powerful na Disney Pictures.

Weisz interpretaría a Evanorah, a malvada bruxa do Leste e irmá maior de Theodorah (Mila Kunis), a malvada bruxa do Oeste. James Franco xa está atado para o papel principal nesta história, que narrará as orixes das tres bruxas e do meigo do país de Oz.

Nos últimos informes soubéra-se que Raimi quería contar con Hilary Swank para o papel de Evanorah mentres que os estudos prefiren a Michelle Williams. Agora, os rumores din que seica ningunha das dúas actrices participará no filme, se ben hai quen comenta que ainda están a loitar por outro papel, o de Glinda, a bruxa boa do Norde.

Mitchell Kapner e David Lindsay-Abaire son os autores do guión, que comezará a se rodar a finais deste ano.

Weisz está a participar nestes intres no filme de Fernando Meirelles 360 e ainda poderemos ve-la participar no thriller protagonizado por Daniel Craig Dream House, a adaptación ao cinema de The Deep Blue Sea.