Hugh Jackman é o máximo favorito para se facer co papel protagonista no vindeiro remake en 3D do filme clásico de culto de 1966 Fantastic Voyage, que dirixirá Shawn Levy.
A história vai sobre un grupo de científicos que se miniaturizan para poderen ser inxectados no interior do corpo dun colega que está a morrer e precisa unha operación demasiado delicada. Xuntos, deberán viaxar nun submariño polo rego sanguíneo para lle salvar a vida.
Laeta Kalogridis e Shane Salerno escribiron o guión, que producirá James Cameron. Segundo se comenta ultimamente, o filme será rodado enteiramente con animación xerada por computador a partir do intre no que os científicos entran no corpo.