Depp quere adiar aos piratas

789

Terry Rossio, guionista da saga dos Piratas do Caribe, revelou á prensa que foi encargado para escribir o libreto da quinta parte pola Disney, pero que xa o entregou, polo que a decisión de seguir adiante coa série é agora cousa deles.

Johnny Depp, ainda que estaría contento de repetir unha vez mais o seu papel, seica preferiría que pasara mais tempo entre película e película, especialmente após da vindeira entrega da cuarta parte, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides.

Depp dixo que “En resumidas contas, é cousa do argumento, o guión e o director. Non é coma dicir ‘Veña, imos rodar xa para o mes que ven para ter o filme en nadal de 2012. Deberiamos agardar un chisco. Teñen que ser especiais, tan especiais coma o son para min“.

Depp refíre-se especialmente á terríbel axenda de rodaxe da segunda e terceira partes, que resultaron ser un caos total, ainda que moi rendíbeis no despacho de billetes.