Bradley Cooper é Lucifer

0
161

Seica Bradley Cooper (The Hangover, The A-Team) estaría encantado de facer o papel de Lucifer en Paradise Lost para a Legendary Pictures.

O filme é unha adaptación ao cinema do clásico poema épico de John Milton, escrito no século XVII, e que trata sobre a caída en desgraza do anxo Lucifer, de como tentou a Adán e Eva, e da prohibición de entraren mais no xardín do Edén da primeira parella de humanos.

Esta adaptación reimaxina todo o tema pero ao estilo de Hollywood, orientado á acción e mesmo coa ideia de rodar en 3D. O persoaxe de Lucifer debería ser representado por alguén que dea o tón arrogante pero finalmente tráxico que lle pon Milton na súa inmortal obra.

En todo caso, ainda non houbo ningunha oferta oficial lanzada a Cooper. Alex Proyas é o director deste proxecto, que ten prevista a súa estrea para o ano que ven.