A terceira Actividade Paranormal

0
171

Henry Joost e Ariel Schulman, os realizadores do controvertido documental do ano pasado Catfish, veñen de asinar un contrato polo que se comprometen a dirixir Paranormal Activity 3 para a Paramount Pictures.

Polo de agora non se deron a coñecer detalles sobre o argumento, se ben Christopher B. Landon (Paranormal Activity 2) é o autor do guión.

Jason Blum, Steven Schneider, Ariel Schulman e Oren Peli serán os produtores. Ainda non hai data de comezo da rodaxe, pero a estrea está oficialmente fixada para o 21 de outubro.