Sam Clafin, o principe de Branca Neves

0
166

A Universal Pictures ven de emitir un comunicado no que confirma que Sam Claflin está en negociacións para se unir ao reparto de Snow White and the Huntsman.

O actor inglés, que ten un papel moi salientábel no filme Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, faría de príncipe na película de Branca Neves, que é unha nova versión sobre o clásico conto de fadas.

Nesta versión, o Cazador será coma un mentor que aprende a Branca Neves (Kristen Stewart) a loitar e sobrevivir após de decidir desobedecer as ordes da malvada raíña (Charlize Theron), que quería mata-la.

O papel clave do Cazador está aínda por se decidir, se ben nos últimos rumores o actor Chris Hemsworth segue a ser o máximo favorito para o mesmo.