O novo Conan terá sexo e violéncia

737

Coa aparición onte do novo tráiler do vindeiro relanzamento de Conan the Barbarian, xurdiu o desacougo entre os fans, que temen que este filme de fantasía épica de grande orzamento sexa reducido a unha versión para maiores de 13 anos, na que se elimine o sexo e a violéncia que caracteriza ao persoaxe de Conan.

Nombergantes,o guionista Sean Hood tentou calmar os ánimos cunha declaración:

O mundo de Hyboria, tal e coma o describiu Robert E. Howard, é carnoso e brutal. Abundan as cabezas arrincadas, o sangue e as rapazas escravas espidas. Nombergantes, e ainda que o filme é inmutábel na súa descripción do barbarismo, a escravitude e a guerra, a violéncia e os corpos nús xurden do mesmo tecido da história. Non é algo gratuito.

As histórias de Robert E. Howard, ainda que foron violentas e pervertidas para o seu tempo, tampouco eran especialmente gráficas. Así que este é un filme ao cabo sobre o persoaxe de Conan, un persoaxe que con sorte lenzará unha saudábel franquía de filmes con histórias e persoaxes que celebrarán a obra de Robert E. Howard. Si, veredes sangue e tetas, pero este non é un telefilme da Cinemax; é fantasía e acción épicas.

E si, está calificado para maiores de 18“.

Se esa calificación fica aí ou se a presión dos estudos sobre a MPAA (a oficina de censura americana) é abondo para reduci-la é algo que ainda está por ver nos vindeiros meses.