Guionistas da nova Lara Croft

668

Mark Fergus e Hawk Ostby, os guionistas que escribiron o primeiro Iron Man e Children of Men, foron contratados para facer o libreto do vindeiro relanzamento da franquía de Tomb Raider pola GK Films.

A popular série de videoxogos, publicada por primeira vez en 1996, ía sobre a valente arqueóloga Lara Croft, embarcada nunha série de misións por todo o mundo. A propiedade foi adaptada ao cinema en dúas ocasións, en 2001 e 2003, en senllos filmes protagonizados por Angelina Jolie.

A nova versión será un relanzamento en toda regra que ignorará totalmente as versións anteriores da Paramount. Nun comunicado de prensa, os guionistas aseguraron que tentarán crear unha “história da orixe de Lara Croft que a poña nun lugar seguro entre Ellen Ripley e Sarah Connor no panteón das grandes heroínas de acción“.

Graham King e Tim Headington serán os produtores deste filme, que ten previsto estrear-se en 2013.