Aclaracións de Justin Lin sobre Terminator 5

0
172

O director de Fast Five, Justin Lin, compareceu perante a prensa onte nun programa de televisión e aclarou en grande parte os rumores que xurdiran sobre os seus supostos plans para dirixir Terminator 5 con Arnold Schwarzenegger.

Cando lle preguntaron sobre os devanditos rumores segundo os cales vai devolver ás pantallas ao persoaxe orixinal do filme de 1984 de James Cameron, Lin dixo que “non sei de onde veñen os rumores. Todo foi unha conversa entre Arnold e eu, sabes? Teño algunhas ideias, pero nonca foi coma ‘hei, traiamos todo de volta!’. Eu simplesmentes non proceso dese xeito“.

Alomenos, recoñeceu ter unha ideia en mente: “Falei con Arnold e sinto que hai unha visión sobre a que estou emocionado, un filme de Terminator que eu sempre quixen ver e que nunca vin“. E engadiu que dentro dun mes mais ou menos terá unha ideia mais clara de se este é o seu seguinte proxecto ou non.

Así pois, a pregunta é o que vai acontecer sobre a franquía e a súa mitoloxía, e Lin dixo que “sempre coidei que o que é xenial na franquía do Terminator é que hai viaxes no tempo e diferentes liñas temporais coas que xogar“, e engadiu que “tamén hai unha chea de ócos que nos gustaría encher nas películas de Terminator, así que hai unha chea de cousas coas que xogar… Terminator ten esta capacidade, a de atopar xeitos frescos de ir atrás sen destruír outros filmes, porque podes contar as túas própias historias“.