Morreu Dana Wynter

0
199

Dana Wynter, a actriz recoñecida polos fans coma a protagonista feminina do filme clásico de ciéncia-ficción Invasion of the Body Snatchers (A invasión dos ultracorpos), finou o pasado xoves nun hospital de Ojai Valley (Califórnia) após dunha longa batalla contra unha enfermidade cardíaca aos 79 anos de idade.

Nada co nome de Dagmar Winter en Berlin en 1931, as súas cinzas serán enterradas preto da casa que posuía en Irlanda, segundo revelou o seu fillo Mark Bautzer.

Wynter medrou en Inglaterra pero mudou-se a Rodésia (actual Zimbabue) con seu pai, un médico cirurxán, e comezou os seus estudos de menciña en Sudáfrica, sendo a única rapaza nunha clase con 150 homes.

Mais tarde regresou a Inglaterra e deixou os seus estudos para se adicar a actuar. En novembro de 1953 mudou-se a New York, onde un axente descubriu o seu talento. Na cidade dos rañaceos actou na televisión e fixo os seus primeiros papeis no cinema, pero até 1956 non interpretaría o papel que a fixo famosa, o de Becky Driscoll, a moza do médico local, en Invasion of the Body Snatchers, todo un filme que identifica unha era da ciéncia-ficción, e que ainda hoxe póde-se lér coma a perfecta descrición do contante estado de ameaza no que viviron e ainda viven os Estados Unidos.

Posteriormente aparecería nunha dúcia de filmes e mesmo contou cunha série de televisión de seu, pero en 1973 retirou-se definitivamente.

Wynter casou en 1956 co avogado Greg Bautzer, do que se divorciou en 1981.