A Torre Escura desmorona-se

0
203

O proxecto de triloxía de longametraxes e dúas séries de televisión que dirixirá Ron Howard baseado na saga de Stephen King A Torre Escura semella cada vez mais ambicioso, e esa ambición podería pasar factura antes de tempo. Fontes da Universal Pictures din que o proxecto está a pasar por complicacións orzamentárias que poden causar que os executivos dos estudos pensen de novo os plans orixinais.

Agárda-se que nos próximos días se manteñan xuntanzas para determinar se é posíbel ou non pór o proxecto en marcha ou se se ofrecen os dereitos a outras compañías, o que permitiría á Imagine Entertainment entrar como parceiro.

Polo de agora, a Universal adiou indefiidamente a preprodución mentres se discute verbo do orzamento. A data de escomezo en setembro polo de agora é xa imposíbel.

O movemento relembra suspeitosamente ao mesmo que fixo a Universal co proxecto de Guillermo del Toro At the Mountains of Madness, cando decidiu que un filme calificado “R” (para maiores de 18) e con 150 millóns de dólares de orzamento nunca podería ter benefícios.

Un proxecto deste tamaño costaría moitísimo mais, polo que non é de extrañar que os estudos queiran compartir os riscos se é posíbel, e co acordo con Javier Bardem para interpretar o papel principal do pistoleiro Roland Deschain xa case pechado, a Imagine podería estar interesada en entrar.