Darren Aronofsky dirixirá Human Nature

0
125

Xa pasaron dous meses dende que Darren Aronofsky decidiu abandoar o proxecto para dirixir The Wolverine, e por fin sabemos o que tiña en mente coma seguinte traballo: o director de Black Swan quere facer unha adaptación dun guión de ciéncia-ficción orixinal de Jeff Welch escrito en 1996 e titulado Human Nature. George Clooney estaría vencellado a este filme, que vai sobreun home conxelado crioxénicamente e que esperta séculos despois, cando os seres humáns non son mais ca mascotas doutras espécies. Akiva Goldsman será o produtor.