Charlie Hunnam nadará no Pacific Rim

0
205

O protagonista de Queer as Folk e Sons of Anarchy, Charlie Hunnam, está a negociar a súa participación coma protagonista do vindeiro filme de Guillermo del Toro, Pacific Rim, para a Legendary Pictures.

A história, da que polo de agora non se sabe demasiado, está ambientada nunha Terra futura baixo o ataque de creaturas malévolas, contra as que a xente debe agrupar-se e utilizar tecnoloxía avanzada para loitar contra a cada vez mais crecente ameaza.

Travis Beacham escribiu o guión, mentres que del Toro, Thomas Tull e Jon Jashni serán os produtores.