James Wan, o director de Saw e Insidious, podería reunir-se con Nicole Kidman para o seu seguinte thriller sobrenatural, que levará por título Spectre.
O proxecto, que conta cun orzamento por baixo dos 10 millóns de dólares, será producido pola Overnight Prods. (a compañía de Rick Schwartz) e mais a Blossom Films (a compañía de Kidman).
A actriz estaría segundo todos os informes interesada no papel, pero a súa participación ainda non está confirmada completamente. En todo caso, este sería o próximo traballo de Wan.