Peter Pan, secuestrado por un pedófilo

742

Aaron Eckhart e AnnaSophia Robb protagonizarán unha nova versión mais escura e sinistra do clásico Peter Pan para a Molinarie e mais a Social Capital.

Nesta versión, o Capitán Garfo (Eckhart) será un atormentado ex-detective na procura dun secuestrador de nenos. Robb interpretará a Wendy, a única supervivinte que deixa o asilo para axudar na captura.

Sean Bean foi xa contratado para facer o papel de Smee, un xefe da policía e único aliado de Hook dentro do corpo. Ben Hibon dirixirá a partir dun guión de Ben Magid, mentres que Renee Tab, Christopher Tuffin, Martin Shore e Brooklyn Weaver serán os produtores.

O proxecto fora orixinalmente ideado dentro da New Line para que o dirixise Guillermo del Toro, pero finalmente o mexicano non quixo participar. A rodaxe escomezará no mes de outubro no leste de Europa.