Ethan Hawke tamén estará no Desafío Total

796

Ethan Hawke ven de se unir ao reparto do vindeiro remake de Total Recall.

Baseada no conto orixinal de Philip K. Dick We Can Remember It for You Wholesale, Colin Farrell interpreta a Douglas Quaid, un home atormentado por un soño recurrente no que viaxa a Marte e merca unhas vacacións a unha empresa que vende lembranzas implantadas na memória. O home chegará a crer que é un axente secreto e remata nunha colónia marciana, onde loita por derrocar a un despótico tirano que controla a produción de aire.

O holandés Paul Verhoeven adaptara anteriormente o conto en 1990 nun popular filme protagonziado por Arnold Schwarzenegger. Nesta nova versión Marte é sustituído por un futuro no noso planeta onde hai dúas superpoténcias: Euromerica e Nova Shanghai. Quaid ainda cré que é un espía, pero non sabe de que bando está.

O papel de Hawke no proxecto non se deu a coñecer, pero será probábelmente un cameo. A rodaxe escomezará en Toronto no mes de xuño.