Dinosáuros contra áliens, a batalla definitiva

820

Era inevitábel. Tiña que acontecer tarde ou cedo: despois de vermos aos extra-terrestres loitando contra os vaqueiros na mais recente película de Jon Favreau, Cowboys vs. Aliens, agora son os áliens contra os dinosáuros. E é que coma os malditos marcianos non nos dan conquistado nin por casualidade, decediron ir atrás no tempo, a ver se teñen mais sorte contra os lagartos xigantes.

O director da saga de Men in Black, Barry Sonnenfeld, e mais o guionista de cómics Grant Morrison axuntarán as súas forzas para desenvolver Dominion: Dinosaurs Versus Aliens, un cruce de plataformas que será producido tanto na forma de novela gráfica coma de longametraxe para o cinema.

O cómic, que publicará a editorial Liquid Comics a finais deste ano, vai sobre unha batalla prehistórica secreta cando os áliens invadiron a Terra, e na que a nosa única esperanza son os dinosáuros. Por sorte, os bichos eran mais intelixentes do que pensabamos, así que non todo está perdido ainda.

Sonnenfeld dirixirá o filme e será o coprodutor xunto a Arnold Rifkin e Sharad Devarajan.